top of page

 autores 

Andrea Camilleri:
 
Emmanuel Carrere:
 

Emmanuel Carrère (París9 de decembro de 1957) é un escritorguionista e realizador francés, diplomado polo Instituto de Estudios Políticos de París. Considerado pola crítica internacional coma un dos máis grandes escritores da súa xeración destaca pola súa técnica narrativa, consolidada a través de cinco celebradas novelas (ata a data) de entre as que NOVOVINILO ten o inmenso pracer de achegar ós seus lectores LIMONOV. Obra intelixente, sorprendente e inclasificable, galardoada co prestixioso Prix des Prix á mellor novela francesa, co Premio Renaudot e o Premio da Lingua Francesa, que sen dúbida catapultou ó seu autor ás meirandes cotas da narrativa contemporánea.

Jonathan Coe: 
 

Jonathan Coe (19 de agosto de 1961 (56 anos) Bromsgrove, Worcestershire) é un novelista e escritor inglés, que empezou a sobresair no panorama internacional no século XX, con novelas que á vez son sátiras políticas sobre a Inglaterra da década dos 80 (os chamdos anos grises) destacándose coma un firme opositor ás doctrinas neoliberáis instauradas en Inglaterra polo goberno de Márgaret Thatcher. Membro da Royal Society of Literature, e galardoado, entre outras distincións co Premio John Llewellyn Rhys, o Premio Médicis estranxeiro (1998) e o Premio Wodehouse (2001), é considerado un dos máximos representantes da narrativa británica contemporánea.

Aleksandar Hemon (Sarajevo1964)é un escritor de orixe bosnio que actualmente vive nos Estados Unidos e escribe en inglés. Hemon naceu en Sarajevo, Bosnia e Herzegovina, por aquel entón Yugoslavia. Graduouse en literatura na Universidade de Sarajevo en 1990. Despois de trasladarse a Chicago en 1992, sen saber apenas inglés, e ante as dificultades pra publicar en bosnio, decidiu aprender inglés, pasando a escribir nun período de apenas 5 anos, alguhas das mellores novelas do que levamos de século XXI. Hemon representa o mellor dos estilos narrativos do "novo mundo" e da "vella Europa". A súa novela "O proxecto Lázaro", editada por NOVOVINILO EDICIÓNS, está considerada como unha das 21 mellores novelas do século 21, pola prestixiosa revista literaria mexicana "La Tempestad".

Alexandar-Hemon:
 
Darío Fo:
 

Dario Fo (Sangiano24 de marzo de 1926-Milán13 de outubro de 2016) foi un actor e escritor de teatro italiano gañador do Premio Nobel de Literatura de 1997Estudiou pintura e arquitectura na Academia de Belas Artes de Brera en Milán onde comezou a súa carreira teatral como actor y escritor de obras  satíricas. En 1954, fundou coa súa esposa Franca Rame (actriz), a compañía teatral "Darío Fo-Franca Rame". Sentíndose esclavo do seu propio éxito e da burguesía italiana, fundou a compañía teatral autoxestionada "Nuova Scena no 1968 co ánimo de realizar un teatro auténticamente popular, crítico, social e  políticamente eficiente. Xa nos anos setenta  a compañía se transformou no Colectivo Teatral LA COMUNE. A compañía foi obxeto dun atentado por un grupo fascista no 1978. Situado no entorno da esquerda política italiana, Fo sempre escribiu  ácidas sátiras políticas arremetendo sen contemplacións contra o  poder político, o sistema capitalista, a mafia e o Vaticano. Morte accidental dun anarquista (1970) é unha das súas obras máis recoñecidas e un bo exemplo da súa incalculable aportación á cultura universal.

Alberto Mussa:
 

Alberto Mussa naceu no Rio de Janeiro, en 1961. Depois de estudar matemática, formouse en Letras pola UFRJ, obtendo o mestrado en linguística. A súa obra abarca o conto e a novela, debendo destacar o “Compêndio Mítico do Rio de Janeiro”, serie de cinco novelas policiais, unha para cada século da história carioca. Recreou a mitoloxía dos antigos tupinambás; traduciu a poesia árabe pré-islámica; e escribiu, con Luiz Antônio Simas, unha história do samba de enredo. Premiada no Brasil e no exterior, a súa obra está hoxe publicada en 17 países e 16 idiomas, sendo "O enigma de Qaf" a obra que lle deu a coñecer internacionalmente.

www.albertomussa.com

José J. Veiga:
 

José Jacinto Pereira Veiga, coñecido como José J. Veiga, (Corumbá de Goiás, Goiás, 2 de febrero de 1915 — Río de Janeiro, 19 de setembro de 1999) foi un escritor e periodista brasileiro, considerado un dos maiores autores en lingua portuguesa e o máximo exponente do realismo fantástico neste idioma. O autor acadadou o recoñecemento de público e crítica da man das novelas "A hora dos ruminantes" (1966) e "Sombras de reis barbudos" (1972), duas alegorias que enfocan a represión político-social, ambas escritas e publicadas durante a época da ditadura militar do Brasil.

bottom of page