top of page

O Demo & Eu

0004
€13.00
Disponible
1
Información del producto

Un negro de traxe riscado e luído, o chapeu sutilmente ladeado na cabeza,pernas cruzadas,zapatos relucentes, dedos finos que sustentan un acorde na guitarra, os ollos vidrosos e o riso atordado no seu rostro. Así é a figura de Robert Johnson, nunha das poucas fotografías do bluesman norteamericano que se coñecen.

Case que ouvimos a voz melancólica cantando O Demo e máis eu camiñabamos xuntos… mentres a guitarra dispara acordes en ritmos aleatorios, marcados polo petar forte do seu pé no sollado, ao mesmo tempo en que o slide esvara polas cordas producindo unha secuencia de agudos, dándonos a nítida sensación de estarmos a ouvir tocar un grupo enteiro. Imposible disociar a imaxe do mito. Me and the Devil Blues é unha das cancións que axudaron a perpetuar a historia do home que vendeu a alma ao demo en troco de fama.

Encuadernación: Rústica. Novela gráfica/Cómic.

Páxinas: 76
ISBN: 978-84-617-4329-2

Data Publicación: 2017

Guardar este producto para más tarde
bottom of page