top of page

Presentación NovoVinilo Edicións en Vigo.

O pasado xoves día 17 de decembro tivo lugar en Vigo, ás 19:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), a presentación oficial de NovoVinilo Edicións. Queremos agradecerlle ó Concello de Vigo e especialmente a Magolla (e por suposto a JM) tódala súa axuda para permitirnos dispor deste espazo soñado.

Arredor de 50 amigos asistiron ó acto e despois do mesmo compartiron connosco un viño/cervexa na cafetería Cosmos. Moitas grazas a Javi e Noli (Cosmos) e a tódolos que adicaches un pouco do voso tempo para estar ó noso carón axudando a difundir a cultura en galego.


bottom of page