top of page

NovoVinilo na Televisión de Galicia! (minuto 10:30 do vídeo)


O pasado domingo día 17 de xaneiro, a TVG emitiu no telexornal do medio día (no programa de Reportaxes Locáis), unha breve reportaxe sobre o noso proxecto editorial.


Dende NovoVinilo queremos agradecerlle ós membros da delegación da TVG en Vigo o seu interese pola nosa proposta, a súa profesionalidade, a súa cercanía e por riba de todo, o seu gran traballo. Pra nós é un inmenso orgullo que unha plataforma da repercusión mediática da TVG considere que a nosa proposta é de interese pra as galegas e galegos, e axude a facer o noso soño realidade, difundir a cultura e facelo en galego.


Eiquí deixamos un enlace ó programa"Reportaxes Locáis" do 17/01/2016, que tamén podedes atopar na web da CRTVG, podedes atoparnos no minuto 10:30 do vídeo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/reportaxes-locais-89



bottom of page