Adicatoria do escritor Alberto Mussa, "O enigma de Qaf".

Adicatoria do grandísimo Alberto Mussa para NovoVinilo Edicións e para tódolos nosos lectores. Tal vez non saibades que gran parte do proxecto editorial de NovoVinilo comezou a facerse realidade no Brasil. O certo é que a nosa primeira obra editada ("O enigma de Qaf") non a escollimos nós, polo contrario estamos convencidos de que foi ela a que nos atopou e nos escolleu, na fermosa livraría "Leonardo da Vinci" de Río de janeiro:

http://www.leonardodavinci.com.br/ .

E é que por máis que tiveramos buscado, non acharíamos ningunha novela máis adecuada, nin poderíamos ter escollido un mellor autor para comezar o noso proxecto editorial; eiquí unhas verbas do escritor Alberto Mussa para todos vos: